Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Dia do Libro

23 Abril 2020

Hoxe podes celebrar o Dia do Libro coas propostas que o Concello de Ferrol preparou para esta importante xornada. A sección de Cultura do proxecto municipal “Actividades na casa” convídanos a seguir a partir das 18 horas a tradicional lectura continuada do Quijote do Círculo de Bellas Artes, que este ano será virtual coas grabacións dos participantes. O poeta Joan Margarit, Premio Cervantes 2019, será o encargado de inaugurar a lectura.

📖O Concello tamén lembra a iniciativa posta en marcha polo Colectivo de Narración Oral Galega, na que se narran historias para todos os públicos, e comparte o enlace para descargar un cómic sobre o paso de García Lorca por Nueva York.

✒️Na sección de Educación xa está dispoñible a exposición virtual sobre Juan Farias, escritor ferrolán a quen precisamente fai hoxe 10 anos homenaxeou o Concello de Ferrol na celebración da Feira do Libro no Cantón.

🏣Ademais, a Biblioteca municipal comparte unha selección de recursos web nos que poder descargar de forma gratuíta e legal libros electrónicos, así como ligazóns a diferentes opcións de contacontos.

Detalles

Data:
23 Abril 2020

Protagonista

Concello de Ferrol

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies