
Espazo público municipal concebido para que os músicos noveis de Ferrol teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades relacionadas coa música, ensaiar coa súa banda ou grupo.
Recorda que non é necesario ter un grupo para poder ensaiar, podes facelo de forma individual, e non tes por que saber música, aquí estamos para acompañarte no inicio da túa aventura musical, para asesorarte e sobre todo para que teñas un espazo alternativo para a práctica da música.
Se queres ensaiar, contacta con nós premendo aquí, axudarémosche coas túas dúbidas e poderás cubrir a instancia para rexistrar co Concello de Ferrol.






