- QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?
Alexandre: Guitarra
Pablo: Baixo e voz
Raúl: Batería
Roi: Guitarra e voz
- CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?
Rock alternativo/ Surf rock/ indie rock/ punk rock Influencias do mesmo estilo
- QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?
Dous anos
- POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?
Literalmente porque era o nome do local de enfrente á sala de ensaio
- ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.
Lo + punki q biste
- FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO?TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?
Dependendo os integrantes, algún comezamos estes anos a destroyar nos escenarios, outros xa traían experiencia de directos e grabacións en estudios semiprofesionais.
- CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?
Probablemente o noso único conci en xuño de 2019 e sacar unhas pegatinas ben de guapas co logo.
- SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL? Funcionamos a un nivel moi pequeno como para sentir que formamos parte dela. Industria significa diñeiro. Podemos facer música igualmente.
- SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?
Alexandre: Vinilo, casette una tirada especial limitada e dixital Pablo: os cassettes son o + punki k biste Raúl: os vinilos e os casettes creo que nos representan moi ben. Tirando polo clásico, tamen poderíamos facer un videoclip en VHS . Eso xa sería xenial. Roi: Vinilo para o rollito romántico e high quality, e tamén dixital.
- QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?
Alexandre: que grazas a Evaristo pola wifi Pablo: aquí vense a bailar, non a mirar. Raúl: LUME! Roi: Que aquí non se vai salvar ninguén, que hay que dalo todo.
- CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)?
Alexandre: para a banda eu consideraría imprescindibles referentes como arcticmonkeys, thestrokes, tame impala, thewhitestripes, novedades carminha, etc. Xa personalmente toda a cultura do “do it yourself” dounderground en xeral, e do hardcore, emo e punk (+ derivados) estadounidenses máis concretamente, paréceme un mundillo moi importante e que se mantén vivo e fresco a pesar de ter moitos anos. Pablo: Pois ter química cos teus compañeiros e logo ter un xénero e un son definidos. Raúl: Cando escoitas tantos e tan variados estilos e referentes, é moi complicado decantarse por solo un. Mentres te sintas a gusto tocando, todo irá ben. Roi: A sensación de cando se toca boa música.
- ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?
Contratando un concerto privado ou nun audio gravado co móvil, se non chungo. Tamén se aceptan visitas o local de nsaio, previa consulta a nosa anxel da garda Nerea.
- QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?
Facernos millonarios. (E mais buscar una cativa pra cada un da banda).
- BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES FORMULALA E RESPONDELA.
Que tal vos vai no amor? Mal. Fatal.

CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019

CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019

CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019

CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019





