1. QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?

Alexandre: Guitarra

Pablo: Baixo e voz

Raúl: Batería

Roi: Guitarra e voz

  1. CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?

Rock alternativo/ Surf rock/ indie rock/ punk rock Influencias do mesmo estilo

  1. QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?

Dous anos

  1. POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?

Literalmente porque era o nome do local de enfrente á sala de ensaio

  1. ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.

Lo + punki q biste

  1. FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO?TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?

Dependendo os integrantes, algún comezamos estes anos a destroyar nos escenarios, outros xa traían experiencia de directos e grabacións en estudios semiprofesionais.

  1. CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?

Probablemente o noso único conci en xuño de 2019 e sacar unhas pegatinas ben de guapas co logo.

  1. SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL? Funcionamos a un nivel moi pequeno como para sentir que formamos parte dela. Industria significa diñeiro. Podemos facer música igualmente.
  2. SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?

Alexandre: Vinilo, casette una tirada especial limitada e dixital Pablo: os cassettes son o + punki k biste Raúl: os vinilos e os casettes creo que nos representan moi ben. Tirando polo clásico, tamen poderíamos facer un videoclip en VHS . Eso xa sería xenial. Roi: Vinilo para o rollito romántico e high quality, e tamén dixital.

  1. QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?

Alexandre: que grazas a Evaristo pola wifi Pablo: aquí vense a bailar, non a mirar. Raúl: LUME! Roi: Que aquí non se vai salvar ninguén, que hay que dalo todo.

  1. CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)?

Alexandre: para a banda eu consideraría imprescindibles referentes como arcticmonkeys, thestrokes, tame impala, thewhitestripes, novedades carminha, etc. Xa personalmente toda a cultura do “do it yourself” dounderground en xeral, e do hardcore, emo e punk (+ derivados) estadounidenses máis concretamente, paréceme un mundillo moi importante e que se mantén vivo e fresco a pesar de ter moitos anos. Pablo: Pois ter química cos teus compañeiros e logo ter un xénero e un son definidos. Raúl: Cando escoitas tantos e tan variados estilos e referentes, é moi complicado decantarse por solo un. Mentres te sintas a gusto tocando, todo irá ben. Roi: A sensación de cando se toca boa música.

  1. ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?

Contratando un concerto privado ou nun audio gravado co móvil, se non chungo. Tamén se aceptan visitas o local de nsaio, previa consulta a nosa anxel da garda Nerea.

  1. QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?

Facernos millonarios. (E mais buscar una cativa pra cada un da banda).

  1. BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES FORMULALA E RESPONDELA.

Que tal vos vai no amor? Mal. Fatal.

ALEXANDRE
CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019
ROI
CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019
RAÚL
CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019
PABLO
CONCERTO LOCAIS
XUÑO 2019

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies