Pitágoras
Unha gran aportación de Pitágoras, que chega ata os nosos días. Orden e claridade a través dos números e do tempo, ou noutras palabras: á música é xeometría no tempo.
Para os pitagóricos os tonos emitidos polos planetas dependían das proporcións aritméticas das súas órbitas ao redor da Terra, da mesma forma que a lonxitude das cordas dunha lira determina os seus tonos.
a música é xeometría no tempo
Pensaban e dicían que as esferas máis achegadas producína tonos graves, que se agudizaban a medida que a distancia aumenta. O máis fermoso era que, segundo eles, os sons que producía cada esfera combinábase cos sonidos das outras esferas, producindo unha sincronía sonora especial: a chamada “múscia das esfereas”.

Kircher e Kepler
Para os pitagóricos, polo tanto, o universo manifesta proporcións “xustas”, establecidas por ritmos e números, que orixinan un canto armónico. A tradición que consideraba ao universo como un gran instrumento musical vese prolongada durante a idade media e ata o século XVII. Kircher por exemplo falaba da “gran música do mundo”.
Con todo, foi o astrónomo Kepler quen estableceu que un astro emite un son que é máis agudo tanto en canto o seu movemento é máis rápido, polo que existen intervalos musicais ben definidos que están asociados aos diferentes planetas. Kepler postulou, na súa obra Harmonices Mundi, que as velocidades angulares de cada planeta producían sons.
De feito, Kepler chegou a compor seis melodías que se correspondían co seis planetas do sistema solar coñecidos até entón. Ao combinarse, estas melodías podían producir catro acordes distintos, sendo un deles o acorde producido ao comezo do universo, e outro deles o que soaría ao seu termo.
Newton, mecanicismo e harmonía
Case un século despois, Newton engloba dúas visións do mundo que parecían antagónicas: o mundo mecanicista (o gran reloxo universal) e a orde superior que rexe ao Universo. A súa visión mecanicista, que permitiu a predición de aparicións de cometas e mesmo o descubrimento de Neptuno mediante operacións de cálculo, reforzou a idea de que o Universo manifesta unha gran harmonía.
Desta forma, desde os pitagóricos á física moderna, todas as propostas teóricas que pretenderon explicar o mundo utilizaron a mesma noción de harmonía evocada por Newton. Despois de Newton, a armonía será buscada por outros e outras científicos e científicas, como por exemplo Einstein, que escribe a Teoría Xeral da Relatividade a partir do convencemento da armonía da natureza e polo tanto do universo, a armonía das esferas.
Xa para rematar, recomendámosvos que vexades esta impresionante conferencia impartida por Jaime Buhigas, na que fala da filosofía dos números, da armonía, do silencio coma concepto musical e todo, desde a inicial óptica pitagórica.






