QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?

Nicolas Serrano – Batería
Paula Leite – guitarrista
Bella – guitarrista
Cristina Casas – Vocalista

CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS? Hard Rock(principalmente) e máis estilos (punk,reggae,ska,…por poñer algún exemplo)Temos influencias moi variadas

QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?

Non moita, xa que comezamos fai un ano escaso

POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?
En canto ao nome , puxémonos todos de acordo e gustounos ese e curiosamente ten un sentido

ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS
Implícate en todo o que fagas , que leve unha parte de ti . Sinte, vive e disfruta a música.

FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?

Como grupo todavía estamos traballando nalgunhas ideas ,e todo moi amateur. E colectivamente nunca grabamos nun estudio . O noso grupo é recente pero non temos medo ao escenario nin moito menos .

CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS ENRIBA DUN
ESCENARIO?

Cada ensaio, cada momento que podemos tocar xuntos e intercambiar ideas é un gran momento

SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL?
Como algo comercial evidentemente non porque aínda estamos comezando

SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?

CD , e como plataforma dixital e online spotify por exemplo e medios que foran moi accesibles para todo o mundo

QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?
Que non cerren portas a ningún xénero musical e que escoiten artistas diferentes e locais que hay artistas moi interesantes, en Ferrol mesmo, un
montonazo

CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA,GRUPO…)?

Todo aporta algo significante no mundo da música é imposible escoller, é tan importante dende un bo tema ata os integrantes da banda

ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?
Fai uns días comentamos que tiñamos algunas ideas

QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?
Se vemos algunha oportunidade algún dia e estamos preparados para dar un paso máis serio todos xuntos, farémolo, mentres tanto seguiremos
disfrutando e ensaiando

BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES
FORMULALA E RESPONDELA.

As preguntas parecennos correctísimas

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies