• QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?
    Andrés Rodríguez: Cantante e guitarrista
    Santi Román: Batería
    Jorge Rodríguez: Baixista
    Gabriel Vișinel Sima: Guitarrista

  • CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?
    Principalmente o noso xénero é o Hard Rock e nos vemos influenciados por moitos tipos distintos de música e de bandas. A principal banda de referencia é AC/DC.
    Andrés: Offspring, Greenday, Blink-182…
    Santi: Greenday, Airbourne, Beatles, Rolling Stones…
    Jorge: Dropkick Murphys, CCR, Marea…
    Gabriel: Led Zeppelin, Black Sabbath…

  • QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?
    A banda conta con una traxectoria de máis de 10 anos, sendo os últimos 6 coa mesma formación.

  • POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?
    Porque os demais que se propoñían eran moi macabros.

  • ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.
    We don’t walk, we run. Esa vale para cada un de nos.
  • FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?
    Algunha experiencia temos. O directo é o que máis nos gusta facer e levamos bastante carretera ás nosas costas. En canto á experiencia en grabación temos un disco gravado en Feedback Studios e tamén gravamos en Estudios Mans.
    Andrés: Eu ademáis de estar na banda tamén fago as veces de cantautor
    Santi: Fóra da banda non teño experiencia neses ámbitos
    Jorge: Igual que Santi
    Gabriel: Son integrante de outras bandas tamén coas que toco en directo e tamén gravo algunas cousas con eles.

  • CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?
    Creemos que os nosos mellores momentos musicais aínda están por chegar pero se temos que botar unha ollada cara atrás lembramos con moito agarimo a final do EisvMusic2014 que gañamos.
    Andrés: Tocar na final do EISV foi memorable porque foi a primeira vez que tocábamos en Vigo e á xente gustoulle moito
    Santi: A primeira vez que tocamos en Madrid, o técnico da sala ecualizounos dunha forma moi metaleira e sonamos distinto do normal, pero foi bo
    Jorge: O Mocidade coa Lingua fai moitísimos anos, no que tocamos con Nerea á pandeireta e Mariquiña coa gaita, foi moi interesante.
    Gabriel: Hai moitos, os concertos dos locais dos 6 de Xaneiro estiveron moi ben. E a presentación do disco no Peixe Rock en Cedeira.

  • SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL?
    Non.

  • SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?
    Andrés: CD está bastante ben
    Santi: Eu son de formato dixital 100%
    Jorge: Eu quedaríame cos cassette, pero por morriña, porque recoñezo que non se escoitaban moi ben
    Gabriel: Non me importa a verdade, o que importa é a música que vaia dentro

  • QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?
    Apoia ás bandas locais, todas as grandes bandas foron un día locais.

  • CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)?
    O directo de AC/DC no Vicente Calderón o 31 de maio de 2015.
    Andrés: Live at Reading de Nirvana
    Santi: é moi difícil escoller solo un…
    Jorge: Depende moito do momento vital, pero AC/DC en directo quedarame gravado
    Gabriel: Non sabería por onde empezar, hai demasiadas cousas…

  • ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?
    En Youtube, Spotify, Amazon Music, iTunes, etc…

https://www.youtube.com/channel/UCJbMXp3zoI9RARN1nkNVSbw

  • QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?
    Seguir tocando en directo e seguir disfrutando. Gravar un segundo disco e presentalo por todo o territorio nacional.
    Todos coincidimos en eso e ademáis poder chegar a ver algún día a
    dignificación dos músicos que están moi maltratados, pero iso xa é un soño máis que unha expectativa.

  • BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES
    FORMULALA E RESPONDELA.
    Non, gústanos máis respostar que facer preguntas
TEMA
CELTIC PRIDE

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies