1.- ¿QUÉN SODES OS COMPOÑENTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?

R​ocío Maceiras é baterista. N​ana Arzúa é baixista. B​las Silva é teclista vocalista.

2.- ¿CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?
Os nosos gustos son eclécticos, sendo a NEW WAVE e o POST-PUNK o que mais nos gusta xunto co TECHNOPOP, e nestes estilos , os grupos: SUICIDE, TALKING HEADS, DERRIBOS ARIAS, THE FALL, LCD SOUND SYSTEM OU NEW ORDER son algunhas das influencias mais estimulantes para nós, dende unha perspectiva conscientemente desacomplexada e desvergonzada do que facemos.
O noso xenero musical aproximaríase ó ART POP según a definición que aparece na Wikipedia.


3.- ¿QUÉ ANTIGÜEDADE TEN A VOSA BANDA?
Pregunta número tres e a resposta é: en formato trío 3 anos…vaia sincronía!


4.- ¿POR QUÉ ESCOLLESTES ESE NOME?
Por Hildegart Rodríguez Carballeira, nena prodixio de orixen ferrolán, concebida pola sua nai como “modelo de mujer del futuro”, sendo asesinada por esta en Madrid no 1933, cando contaba con 18 anos, e trascendendo á historia do socialismo e do feminismo como a “Virgen roja”. Hildegart en alemán significa xardín de sabiduría.

IMAXE DE HILDEGART RODRIGUEZ


5.- ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.

“Onde hai música non pode haber cousa mala.” ​El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (1605) .

6.- FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRABACIÓN?
Rocío e Blas tocaron anteriormente noutros grupos, chegando a tocar en directo nalgún festival e tamén grabaron con un técnico de sonido de xeito doméstico (portátil, software e micros) un CD con Carrero Bianco. Nana e Rocío tocaron en directo como Hildegarts, cas demais bandas compañeiras, nas Audicións públicas dos locais de ensaio. Nun estudio de grabación non temos experiencia pero conocemos os seus intríngulis..


7.- ¿CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?
Como Hildegart os nosos mellores momentos musicais están ainda por chegar, e gracias ós locales de ensaio de Ferrol non dubidamos en que chegarán.

8.- ¿SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL?
Non, pero percibimos a reconversión do sector no noso arredor.


9.- SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, ¿EN QUÉ FORMATO DESEXARÍADES EDITAR A VOSA MÚSICA?
Estamos namorados do formato vinilo, o ideal sería vinilo para ter e disfrutar na casa e formato dixital para escoitar no coche, nos auriculares ou para difundir en redes sociales.


10.- ¿QUÉ VOS GUSTARÍA DICIRLLE Ó PÚBLICO?
A música é a lenguaxe máis directa e universal, entra polo oído e vai á alma, pasando polo cerebro e o corazón, permitindo que nos comuniquemos incluso co máis alá…por iso non escoitedes calquera mer…


11.- ¿CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL? (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)
Agora mesmo nos encantan e inspiran en directo Joe Crepúsculo e Hidrogenesse, por frescura e desacomplexamento, así como sentimos debilidade por calquera das súas
cancións, que son himnos altamente motivacionais para nós, “mi fábrica de baile” ou “disfraz de tigre” son dous poderosos exemplos.


12.- ¿ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?
De momento en ningures, pero circulan algunhas psicofonías por ahí.


13.-¿QUÉ EXPECTATIVAS DE FUTURO TENDES?
Seguir ensaiando, canto máis melllor, e grabar un EP o cal podamos defender dignamente en directo cando as circunstancias o permitan.


14.- ¿BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA?
Non oh! o cuestionario é completísimo.
Moitas gracias polo interés.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies