SPIZ BACON

• QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?
A banda somos cinco integrantes .
Raul del Metal vocalista da banda
Iago Montes guitarra e coros
Martin á bateria
Victor Vilariño no baixo
Javi Vizoso no teclado (actualmente no estranxeiro)

• CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?
Pois esa en unha das preguntas que levan soando en toda a traxectoria de Spiz Bacon , diría que é básicamente rock duro con tintes de heavy aderezado con aroma psicodélico.

• QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?
Son xa catorce anos da orixe, máis despois de moitos cambios e incertidumes, levamos uns tres anos traballando coa base anteriormente citada.

• POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?
Pois ese nome o escolleron entre entre Raul, Javi e Alberto Quintiá (Swachzenagger, ex de Collón de Lola) fai anos na universidade.

• ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.
A perfecta unión en o touciño e a velocidade.

• FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?
Tivemos varios bolos en esta traxectoria e outros integrantes do grupo tocaran e tocan en directo con outros grupos tamen.
Víctor gravou con Farrapos de Gaita en estudio profesional.
Temos cousas grabadas por Iago a nivel caseiro e algún vídeo pequeno dalgunha actuación .

• CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?
Spiz Bacon sempre nos divertimos tocando, pero se tiveramos que destacar algún en concreto poderían ser o estreno en Tioira ou o concerto con Jatu Billú no mítico bar Albanese.

• SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL?
Non, para nada, somos un grupo bastante, bastante underground.

• SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?
Pois hoxe en dia o que mais pega e o formato dixital e tamen e co que podes chegar a mais publico mais fácilmente. Ainda que ter copias en vinilo ou cd tampouco estaría mal.

• QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?
Pois que esperamos vernos cedo en directo.
• CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)?
O tema Sneider, que narra as aventuras dun vello heroe centáuro

• ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?
Temos unha canle en Youtube con un pequeno extracto do que somos.

• QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?
Pois agora estamos un poco distanciados debido o traballo dos nosos integrantes que non permite quedar tanto para ensaiar pero esperamos ter datas no futuro mais próximo e mesmo gravar os nosos temas principais

• BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES FORMULALA E RESPONDELA.

MOMENTO CONCERTO SPIZ BACON

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies