1. QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO?

Todo el largo verano é un proxecto persoal que se desenrola sobre todo no estudio, aproveitando as súas capacidades para poder facer a música que queremos sen limitacións, nin técnicas nin instrumentáis. Por iso o grupo non conta con membros fixos, se non máis ben con colaboradores máis ou menos habituáis. Entre eles destacan Luis Blanco y Josua nas guitarras e os coros, Carolina Rodriguez na voz e na percusión, Johnny Fingers nas teclas, Oscar Quant con axuda técnica e instrumental en xeral, e un servidor, Alberto Amigo aos mandos técnicos, baixo, voz, e outros ruidos emitidos por diferentes instrumentos que me creo que podo tocar.

  1. CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS?

O noso xénero musical é o Pop en xeral… con todo o que abrangue un xénero tan amplo, máis cun ollo posto nos anos 60 e 70…. As nosas influencias mais directas se atopan en bandas coma os Beach Boys, tanto nas súas armonías vocáis que tánto tratamos de imitar, como nas súas instrumentacións lo-fi de finais dos anos 60. Na visión da sicodelia e atmósferas dos Flaming Lips… Os Zombies, Os Kinks, Los Brincos, Yes, Blur, Phil Spector, Os Mutantes, Joe Mek, Love, High Llamas… y La Costa Brava!!

  1. QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA?

A banda formouse en 2004, o día que Fer e máis eu conseguimos grabar una canción cun aparato de 8 pistas e un PC… levábamos arredor dunha década tratando de facer algo así.

  1. POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME?

É una mala traducción do LP ”All Summer Long” dos Beach Boys, escollido a modo de homeaxe ao grupo, de punto de partida e de declaración de intencións.

  1. ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS.

“Todo el largo verano tumbados en la playa bajo el sol”

  1. FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN?

As gravacións son a razón de ser da banda. Dispoñemos dun estudio caseiro que chamamos “El Tercero” onde materializamos as cancions que se nos ocorren. Cando o instrumento non permite grabar nel, saimos co equipo e gravamos noutros lugares. Na última fase de mezcla e na masterización, adoitamos ir a estudios mais profesionáis a que nos axuden a darlle o acabado final. Solíamos ir a Treboada en A Coruña onde estábamos encantados pero nos quedaba un pouco a desmán. Dende que abriron os RRStudios en Ferrol, estamos felices como perdices.

Con Todo el Largo Verano temos tocado en diferentes, inda que contadas ocasións e, sobre todo en formato acústico. A nosa experiencia en directo ven máis de outros proxectos nos que participamos: eu con Quant ou Los huéspedes felices, Carolina con Faltriqueira, Luis con Tiquets ou Ki Van Rey…

  1. CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS?

O meu mellor momento musical, se falamos de experiencia en directo, non foi con Todo el largo verano, se non co grupo Quant, co que sigo colaborando actualmente. Hai anos Internet non era como é hoxe, e pasaban cousas como que o promotor do International Pop Overthrow caera no teu MySpace e te propuxera tocar no festival. Pasamos unha fin de semana en Liverpool e tocamos no Cavern Club e no Cavern Pub. Irrepetible!

PORTADA DO SEU ÚLTIMO DISCO
  1. SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL?

Non

  1. SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)?

En todos! O vinilo é o favorito claro, pero eu son un gran defensor do cd, e a súa versatilidade… O Streaming e o sono feito realidade da nosa xeración: acceso ilimitado… un flipe! A casete acompañoume nos anos en que me namorei de música. Bótoa moito en falta mais xa non a uso…

  1. QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO?
    Non son eu moito de dicirlle á xente o que ten que facer, máis sí me gustaría ver que se apolla a escena local, que se merca música en físico, a local e o resto… Que se acode as salas de concertos… ver chea a Ruido, La Room a Guión, e poder velas abertas moitos anos máis… En Ferrol estanse a facer cousas realmente boas e interesantes… e a paladas!! Paga a pena deterse a escoitalas. Por poñer dous exemplos, Bang 74 e Quant acaban de editar dous traballos de rock e power pop do máis estimulantes… hai uns meses Strange Mistery Flower, Mos…
  2. ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO?

O noso traballo está nas plataformas habituais: spotify, Youtube, Amazon… Máis o noso sitio, onde subimos todo o que facemos e mantemos ordeado e ao noso gusto, é no noso Bandcamp: todoellargoverano.bandcamp.com

  1. QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES?

Gustaríanos moito presentar en directo o último disco que editamos: “Todo el largo verano entre anticiclones y borrascas”. Empezáramos a preparar o directo antes do confinamento do coronavirus, mais tivemos que parar. E para non aburrirnos, grabamos un novo disco, que temos agora en fase de mezcla. Asi que imos centrarnos en rematalo e edítalo, esperamos que á volta do Verán.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies