• 1 QUEN SODES OS INTEGRANTES E QUE POSTO TEN CADA UN NO GRUPO? Os integrantes do grupo somos Oscar a bateria e Carlos a guitarra ritmica, agora co confinamiento pillamos a 2 integrantes mais, Oscar as voces e Jose a guitarra solista, pero inda non ensairon con nos , estamos dexesando que acabe esta merda para poder volver os locais ;-D

• 2 CAL É O VOSO XÉNERO MUSICAL E CALES SON AS VOSAS INFLUENCIAS? Practicamos un Party Metal Punk Progresivo ,dito de outra maneira, imos facendo o que nos vai saindo, como influencias e una mezcla de heavy clásico,metal moderno, punk-ska nacional y rock urbano. Oscar 1: Boikot, S.A, Helloween, Iron Maiden, Kortatu Carlos : Iron Maiden, Koma, Judas, Kortatu,La Polla, Avatar

• 3 QUE ANTIGÜIDADE TEN A VOSA BANDA? Dende que empezamos nos locais fai 1 ano ou asi, levamos toda a vida sendo apaixonados da música e con mais de 40 anos sempre tivemos a espiniña de montar un grupo, vimos a oprtunidade de apuntarnos nos locais de ensaio e dixemos, veña, pra diante

• 4 POR QUE ESCOLLESTES ESE NOME? Penso que nos define moi ben o que facemos, a primeira vez que nos escoita alguén di… pero dades vergoña oh, e claro, era fácil

LOGO DA BANDA

• 5 ESCRIBIDE UNHA FRASE QUE SIRVA PARA PRESENTARVOS. Somos Vergüenzajena e imos de cara

6 FALAMOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: TEDES EXPERIENCIA EN TOCAR EN DIRECTO? TEDES
EXPERIENCIA NUN ESTUDIO DE GRAVACIÓN? Non, como dixemos antes e una espiniña que queremos quitarnos nalgun momento da nosa vida, iso si, o imos dar todo

• 7 CAL OU CALES FORON OS VOSOS MELLORES MOMENTOS MUSICAIS? Pois nos locais de ensaio dende que ,despois de moito tempo, empezamos a facer algo que podria clasificarse coma música, o empezar a soar afinados foi a ostia pra nos

• 8 SENTÍDESVOS PARTE DA INDUSTRIA MUSICAL? Si, obviamente, pero dende a parte do consumidor, levamos toda a vida asistindo a concertos, comprando musica e merchandaising e apoiando as bandas locais

• 9 SE PUIDÉSEDES ESCOLLER, EN QUE FORMATO DESEXARIADES EDITAR A VOSA MÚSICA (VINILO, CASSETTE, CD OU FORMATO DIXITAL)? En cinta, tdk de 60 ou morte

• 10 QUE VOS GUSTARÍA DICIRLLE AO PÚBLICO? Pois que disfruten da música, que os concertos son pra disfrutalos e non pra grabalos co movil, que o vivan e que apoien os grupos locais porque todos os grupos que lles gustan empezaron sendo “grupos locais”

• 11 CAL É O VOSO “IMPRESCINDIBLE” DO MUNDO MUSICAL (CONCERTO, TEMA, GRUPO…)? Carlos: A música en si , dende Deep Purple ata Avatar, dende o live after death ata o azken guda dantza, ver os Judas en directo ou ver os Riff Raff (Toñito sempre presente) , a música e do mais importante desta vida Oscar: Pues Helloween Wall of Jericho,, Boikot hasta siempre, y si, ver algun concierto en directo komo Marea,, Koma… vamos lo k es heavy y rock

• 12 ONDE PODEMOS ESCOITAR O VOSO TRABALLO? Ista e fácil , os mercores de 17 a 19 nos locais de ensaio , de momento e a única opcion ;-D

• 13 QUE EXPECTATIVAS DE FUTURO TEDES? No medio plazo basicamente seguir ensaiando nos locais, isas duas horas que temos nos dan moitisima vida, so recomendaríamos a calquera que lle guste a música, xa no longo tempo a nosa meta sería facer algún dia un concierto, pra nos sería como tocar en Donington , pero bo, hoxe en día con tocar algun tema enteiro xa sería a ostia, pouco a pouco

• 14 BOTADES EN FALTA ALGUNHA PREGUNTA? DE SER ASÍ, PODEDES FORMULALA E RESPONDELA

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies